Primeiro ministro de Eslovaquia


Titular
Robert Fico
Dende o 25 de outubro de 2023

ResidenciaPalacio de Verán do Arcebispo, Bratislava
Nomeado porPresidente de Eslovaquia
Creación2 de xaneiro de 1969
Primeiro titularŠtefan Sádovský
Sitio webvlada.gov.sk

O presidente do Goberno da República Eslovaca (en eslovaco: 'Predseda vlády Slovenskej republiky'), tamén coñecido como primeiro ministro (en eslovaco: 'Premiér'), é o xefe de goberno de Eslovaquia. Sobre o papel é o terceiro cargo constitucional máis alto en Eslovaquia despois do presidente de Eslovaquia e o presidente do Consello Nacional. Na práctica, é a figura política líder do país.

O cargo creouse en 1969 e dende entón houbo 13 primeiros ministros. Dende 1993, cando xurdiu a Eslovaquia independente, seis primeiros ministros ocuparon o posto. O 25 de outubro de 2023, Robert Fico converteuse no actual primeiro ministro.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search